Presentación do conto «A profesora Locatis» de Carmen Rivero Gallego

22/10/2026 to 22/10/2026 19:30 - 21:00

O vindeiro 22 de outubro ás 19:30h. no salón de actos, teremos a Presentación do conto «A profesora Locatis» de Carmen Rivero Gallego.

SINOPSE: A profesora Locatis é un conto para nenos que está enmarcado nunha escola da Galicia rural, nun ambiente máxico e infantil, con enormes valores de respecto á natureza, de superación persoal e de loita contra o acoso escolar. Valores que se deben inculcar xa dende cativos.

Carmen Rivero Gallego (Laza 1958), É titulada en Traballo Social e Maxisterio. Exerceu como profesora de primaria en diferentes colexios da provincia de Ourense e máis tarde como profesora de Xeografía e Historia na ensinanza secundaria.

Comezou a escribir poemas aos 12 anos de idade da man do seu profesor de literatura, Xesús Taboada Chivite.

Foi Xefa de Estudos no CEIP “Rodolfo Núnez” de Vilardevós e Coordinadora e dinamizadora do EDLG do IES Taboada Chivite de Verín no que exerceu durante 13 anos como profesora de Xeografía e historia, sendo a creadora do blog do EDLG “O Fiadeiro da Lingua”. Ten ademais outro blog :https://bercedepeliqueiros.blogspot.com/

Ten publicados tres poemarios: Berce de peliqueiros, Nun recuncho chamado Laza e Entre a terra e as estrelas. No verán do ano 2021 participou en “Latexos do rural” , un proxecto dirixido por Rubén Riós, facendo varios recitais en diferentes lugares da Vía da Prata.

Pertence a Asociación de escritores en Lingua galega, e colabora en varias revistas.

Ten concedido varias entrevistas para diferentes xornais e revistas:A rexión (venres, 1 de xullo de 2022), Diario do Támega, etc.

Con este conto infantil “A profesora Locatis” pretende mergullarse no mundo máxico dos nenos e nenas para poñer en valor aspectos moi importantes que se deben inculcar xa dende cativos.

+ info: https://Berce de peliqueiros blogspot.com/

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.