Presentación dos libros Aldeas da Limia Alta e Aldeas de Conso, Frieiras e Viana, de Bruno Rúa

26/02/2026 to 26/02/2026 19:30 - 20:30

O vindeiro 26 de febreiro ás 19:30 horas teremos no SALÓN DE ACTOS a presentación dos libros «Aldeas da Limia Alta» e «Aldeas de Conso, Frieiras e Viana», de Bruno Rúa.

«Aldeas da Limia Alta» recolle e cataloga 318 aldeas de toda a comarca da Limia, contando dende un punto de vista persoal anécdotas, historias e descripción de cada unha delas, acompañada de fotos. A Limia, comarca veciña, é a nosa referencia directa para entendernos a nos mesmos comparándonos con outras terras, e serve como contrapunto para moitas facetas, como o patrimonio, a antropoloxía e a historia.

 

 

 

O segundo dos libros que se presentará será o libro sobre os concelos da Gudiña, Vilariño de Conso, Mezquita e Viana do Bolo recolle ao mesmo modo historias, descricións e anécdotas das 125 aldea de eses concellos (máis a comarca das Portelas, xa de Zamora), completando así, cos dous libros citados, o noso entorno máis inmediato, os veciños da Tamagania.

 

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.