Presentación «Nos regos de novembro», obra de Francisco Xavier Pérez Álvarez

05/03/2026 to 05/03/2026 19:30 - 20:30

O vindeiro 5 de marzo ás 19:30h no salón de actos do Concello de Verín, teremos a presentación do libro «Nos regos de novembro», obra de Francisco Xavier Pérez Álvarez.

A obra estructúrase nunha serie de capítulos inconexos e senlleiros cunha temática variopinta e diversa através dun estilo cambiante adaptándose ás necesidades que require a prosa en cada intre, acorde á visión e ó xeito de estar e entender o mundo dende a perspectiva do narrador. Ao longo das páxinas o avezado lector poderase atopar con reflexións e maditacións de cariz filosófico sobre diferentes ámbitos como os sentido da vida, a existencia do alén, a soidadeou a morte; outras veces, a pluma do narrador farase máis cortante con descripcións decarácter mordaz e epigramático que nos mergullan nunha brétema que babuña esceas esperpénticas e insólitas. Non son poucas as veces nas que reverbera a voz máis profunda e intimista onde afloran os sentimientos e emocións máis entrañables e líricos, o que serve de trasfondo poético para universo narrativo. Incluso haberá un sustrato de corte máis periodístico queeleva a categoría poética o valor da anécdota, nun estilo máis prosaico e informal que achega ó lector á realidade máis banal.
En definitiva, un mapa de ronseis que transitan polo proceloso océano da realidade e que deixa na súa pegada nas meniñas vibrantes do lector,un universo literario cautivado nunha diminuta e insignificante pupila.

Francisco Xavier Pérez Álvarez, 1969(Servoi). Estudiou Filoloxía Clásica e licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compstela. Durante os cursos de doutoramento participou no Instituto da Lingua Galega na redacción do IV volume do Atlas Lingüístico de Galicia. Léxico. Asimesmo ten varias colaboracíóns en varias revistas de pensamento crítico como A trabe de ouro e Cadernos de Lingua. Levou a cabo un traballo de campo no ámbito da Dialectoloxía en diferentes zonas da Raia próximas ao Concello de Vilardevós e na vertente Transmontana.
En 2020 dá o salto á producción literaria con Lembranzas dun vagalume de outono. No 2023 presenta una serie de relatos baixo o título Onde o mundo se chama Servoi. Agora reaparece cun novo libro: Nos regos de novembro, unha amalgama de estilos e temas senlleiros por onde navega acreatividade e imaxinacíón do narrador onde deixa plasmada a súa particular cosmovisión do mundo.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.