O vindeiro 13 de decembro de 12:00h a 13:00h. teremos a actividade «Pequenos repoboadores» dentro da xornada «Reverdecer: O reto da recuperación ambiental» organizada por CDR PORTAS ABERTAS.
Trátase dunha actividade que nace co obxectivo de aportar toda a información necesaria para tomar decisións futuras no ámbito da educación ecolóxica.
A presenta actividade na que colabora a Biblioteca de Verín irá dirixida aos nenos e nenas, que realizarán unha manualidade que consistirá en plantar unhas sementes nun bote reciclado que decoraremos.
Imprescindible inscrición que se realizará en CDR PORTAS ABERTAS no teléfono 988540590
Máis información de toda a xornada: