XORNADAS SOBRE ELOY LUIS ANDRÉ

03/10/2024 to 31/10/2024 19:30 - 20:30

O Consello da Cultura Galega e a Biblioteca do Concello de Verín organizan as Xornadas sobre D. Eloy Luis André, que terán lugar no Salón de actos do Concello de Verín os xoves 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro de 2024 ás 19:30 horas.

A figura de Eloy Luis André será presentada e analizada desde as diferentes perspectivas dos especialistas Xosé Ramón García Soto, Ramón López Vázquez, Alberte Blanco Casal, Aurora Prieto, Miguel Losada, Vicente R. Justo e Carlos Thiébaut.

Programa:

3 de outubro de 2024
Xosé Ramón García Soto
Psicoloxía: cambio social e perfección persoal

10 de outubro de 2024
Ramón López Vázquez
«A variante André”: europeísmo, españolismo, galeguismo

17 de outubro de 2024
Alberte Blanco Casal
A visión estratéxica das comunicacións terrestres de Eloy Luis André

24 de outubro de 2024
Aurora Prieto, Miguel Losada, Vicente R. Justo e Xosé Ramón García Soto
Descubrindo as curvas melódicas da fala

31 de outubro de 2024
Carlos Thiébaut
Tras o lume: esquecementos e lembranzas

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.