O vindeiro venres 23 de FEBREIRO, de 18h a 19:30h, dentro do conxunto de iniciativas dirixidas ao fomento á lectura, teremos a actividade de contacontos e manualidades que leva por título «Un barco cheo de contos», onde percorreremos mares coas piratas máis temidas; e avós que viaxan polo mundo xunto dos seus netos e netas grazas á maxia libros.
A presente actividade está dirixida aos socios e socias máis cativos/as (de 3 a 9 anos) sendo obrigatoria a súa inscrición a partir do luns 19 de febreiro ás 10h.
Actividade coordinada polos rapaces/zas voluntarios e voluntarias da Biblioteca e o persoal da mesma.