Presentación: Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza, obra de Francisco Rodríguez

29/05/2025 to 29/05/2025 19:30 - 21:00

O vindeiro mércores 29 de maio teremos a presentación do libro «Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza», obra de Francisco Rodríguez, ás 19:30h. no salón de actos do Concello de Verín. Presentación a cargo de Alberte Blanco Casal.

Senopse: Este libro sobre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a crise da segunda metade do século XIV responde a un afán por combater a ignorancia colectiva sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións sobre el . É , en certa maneira , un traballo a favor da saúde mental colectiva da sociedade galega . Xurdiu da necesidade de colaborar a un coñecemento sobre a nosa historia , entre os séculos VIII e XIV , radicalmente confrontado coa ocultación e terxiversación do oficial dominante.

Francisco Rodríguez Sánchez, Serantes, A Coruña 1945,  Doutor en Filoloxía Románica e catedrático xubilado. Escritor, crítico literario e historiador da literatura galega. Fixo grandes contributos á análise da obra de clásicos galegos como Rosalía de Castro, Curros Enriquez ou Blanco Amor. Experto en socio-lingüística. Deputado da VI, VII, e VIII Lexislaturas no Congreso dos Deputados.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.