O vindeiro mércores 23 teremos a presentación do libro «A verea Confusa» obra de Edelmiro Mateo e ilustrado por Fernando Barreira.
Senopse: «A verea Confusa» son as respostas dun adulto ás atrevidas e comprometidas preguntas que Ile fai unha nena. Esas preguntas que todos nos fixemos algunha vez na vida e que pretenden unha solución razoada entre as alturas de idades, coa diferencia xeracional entre os dous. Son diálogos de certa profundidade ó nivel dunha cativa, para que comprenda e desfrute a fermosura de vivir neste mundo tan espléndido como agraciado.
Ilustrado por Fernando Barreira, converte o texto nunha obra de arte. Ademais da portada, ilustra cada un dos seus 12 capítulos con láminas en color, explicando a esencia de cada sección. É un libro que vai destinado a fillos, pais, avós, alumnos, mestres…, a calquera cidadán de calquera franxa de idade.
Edelmiro Mateo, Verín 1963, Licenciado en Filosofía, Diplomado en Pedagoxía e Músico. Autor do «Cancioneiro de Baroncelli» e dos libros: «O viño, a viña e a bodega, na sabedoría popular», «O instinto de Alazán» e «O poeta esquecido». No seu círuculo de acción é máis coñecido como «Mestremiro».
Fernando Barreira, Verín 1964, Pintor, escultor, deseñador, creador de formas e patróns, e un sen fin de carecterísticas positivas, resumindo un ARTISTA, porque en todo o que fai, deixa un toque persoal e o da súa liña estética.