O vindeiro Xoves 14 de febreiro, ás 19:30h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a conferencia “A Tatuaxe, medio de transmisión da cultura galega”, conferencia do ilustrador Paco Boluda e a Tatuadora Sonia Zarraquiños, na que ambos poñentes realizaran unha presentación moi especial. Por unha banda Paco Boluda falaranos sobre a iconografía celta ou da cultura atlántica, da que el coma ilustrador posúe coñecementos dabondo que xa mostrou en anteriores ocasións na nosa Biblioteca. Por outra banda Sonia Zarraquiños falaranos sobre a arte da tatuaxe, e así mesmo teremos de xeito único nunha Biblioteca, a realización dunha tatuaxe en vivo e en directo.
Data: 14 de Febreiro
Hora: 19:30h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín