Representación da obra de teatro «Pesadelo antes do Nadal».

28/12/2018 to 28/12/2018 18:00 - 19:30

01O vindeiro 28 de Decembro, ás 18:00h. a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a representación da obra de teatro «Pesadelo antes do Nadal», guión orixinal de Noelia Gallego Campos e Miguel Quintas Parada, ámbolos Voluntarios da Biblioteca. A representación está dirixida a 20 nenos/as socios/as da Biblioteca de 3 a 9 anos, debendo inscribirse a partir do 26 de Decembro.

Sinopse: A obra narra as inquedanzas dun esquelete que farto de ser o rei no Samaín, pretende gobernar tamén o Nadal. Poderá levar a cabo o malvado plan? Existirá alguén desposto a pararlle os ósos a tan malvado esquelete?.

Ven á Biblioteca para coñecer desenlace desta trama!!!!

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.