O vindeiro xoves 15 de novembro ás 19:30h. a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a presentación da obra “La fuerza de nuestros ríos. Una historia de Viana, Porto, A Veiga y la energía hidroeléctrica” ed. Andavira 2018, escrito por D. José María Pérez López.
Este libro comeza cunha introdución sobre a enerxía eléctrica e hidroeléctrica para, de seguido, facer unha abordaxe histórica, socioeconómica e mesmo cultural sobre o que ten suposto para os concellos ourensáns da Veiga e Viana e para o zamorano de Porto a construción destas instalacións hidroeléctricas a mediados do pasado século, así como a súa evolución no tempo ata chegar a actualidade. (texto íntegro de María Rodríguez Yañez do Xornal O Sil).