O XOVES 25 de outubro, ás 18:00h, a Biblioteca do Concello de Verín, celebraremos o Samaín, cunha actividade de contacontos e manualidades.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 22 de outubro.
Hora: de 18:00h. a 19:30h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín
OBRADOIRO DE CABAZAS.
Así mesmo os días 29 e 30 de de outubro teremos un obradoiro de cabazas cada día, para 5 nenos e nenas, socios da biblioteca, que deben vir acompañados.
Hora: de 18:00h. a 19:30h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín
Inscrición a partir do luns 22 de outubro.