Convive coas línguas, actividade transfronteiriza, Premiada polo Parlamento Europeo.

01/02/2018 to 08/09/2018

A Biblioteca de Verín acada de novo o galardón do “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo” coa súa actividade transfronteiriza “Convive coas línguas”.

 

2018_One year to go_Patronage_ES-01A presente distinción, outorgada por D. Antonio Tajani, Presidente do Parlamento Europeo, foi comunicada por carta, polo conxunto de actividades ao fomento á lectura cunha especial sensibilidade ás accións transfronterizas.

 

Verín, 22 de agosto de 2018. A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín logra unha nova distinción, sumándoa así ao  extenso palmarés de premios e galardóns que posúe e que a sitúa coma un referente nacional. Nesta ocasión, a Biblioteca recibiu o galardón do “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo” pola súa actividade transfronteiriza “Convive coas línguas”, unha xornada de contacontos e manualidades na que participarán, mañá xoves, un grupo de nenos e nenas da veciña localidade de Chaves.

 

cartel eurocidadeDevandita distinción, outorgada por D. Antonio Tajani, Presidente do Parlamento Europeo, foi comunicada esta mañá o centro municipal por carta postal. Na mesma, a institución enxalza as actividades enfocadas ao fomento á lectura organizadas polo centro,  cunha especial sensibilidade ás accións transfronterizas. Nesta ocasión prémiase a súa laboura no eido do fomento á Lectura pola iniciativa transfronteiriza, cultural e de convivencia cos nenos e nenas da veciña localidade de Chaves: “Convive coas línguas”.

 

Na súa misiva, Tajani pon de manifesto a importancia da convivencia e a transmisión cultural que dende a Biblioteca do Concello de Verín, cos seus nenos e nenas Voluntarios están a realizar, saltando unha fronteira invisible. «El acto que usted ilustra, a escala local, es precisamente lo que es la Unión Europea: un lugar en el que las personas pueden desplazarse libremente a través de las fronteras, reunirse y compartir ideas y pasiones», destacou o presidente do Parlamento Europeo

 

A actividade pola que se lle outorga este novo recoñecemento é “Convive coas Linguas” organizada conxuntamente coa Eurocidade Chaves – Verín e a Divisão de Desenvolvimento Social e Cultural da Cámara de Chaves, na que participarán aproximadamente corenta nenos e nenas de Chaves, que se desprazarán mañá xoves, 23 de agosto, de 11 a 12 horas, á Biblioteca do Concello de Verín. Na mesma, os Voluntarios e o persoal desta entidade traballarán xunto deles en manualidades e realizarán contacontos de Carlos Casares, María Victoria Moreno xunto con outros relatos en língua portuguesa.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.