Presentación «El caminar de la muerte», de Lourdes Hervella
21/08/2018
to
21/08/2018
19:00 - 20:00
O vindeiro 21 de agosto ás 19:00h. teremos o pracer de presentar na nosa biblioteca a terceira entrega da saga «Proyecto Madre» de Lourdes Hervella, que leva por título «El caminar de la muerte».
Resumo: A vida de Luna consúmese, restalle pouco tempo, e ten moitas cousas que rematar. De súpeto, unha nova esperanza chega ata ela, Pedro será o seu portador, pero conseguir o Santo Grial gardado nas torres de Barcelona non será tarefa sinxela. Hugo, Pedro, Luna, Kat e Kaia deben xunta-las suas forzas con novos aliados de terras descoñecidas para seguir con vida. O Norte segue resgardado no Castelo, pero ¿por canto tempo será seguro? María comeza a sentir que, sen Marco, non é tan doado manter o control sobre aqueles que a desafían… ¿Aguantará o embite daqueles que no seu día a axudaron a chegar onde se atopa? Proyecto Madre conclue nesta terceira novela cun final que promete ser, canto menos, sorprendente.
Curriculum: Lourdes Hervella, escritora verinense residente en Barcelona, xuntou neste Proxecto a sua faceta como escritora e a organización de eventos promocionais tales como Survivals zombies, maquillaxe fx (participando en eventos coma o Zombie Walk de Sitges) e incluso algun Escape room relacionado sempre ca temática zombie. Proyecto Madre xa non é solamente unha novela, ela quixo facer que o público o sinta coma unha nova expriencia inmersiva total. Rapaza de mente inquieta sempre está pensando en qué fará despois, e xa nos promete un carto libro, no que se explicará o pasado dos personaxes principais así como os comezos de todo o Proxecto. Sempre lle gustou escribir, dende pequena escribía historias curtas, contos que co paso do tempo, foronse alongando de forma mais profesional. A pesar de que só ten 3 novelas publicadas, esta escritora recoñece que ten moitas mais rematadas no tinteiro, que tratan temas dende o thriller político ata o romance tráxico. Sempre se sentiu influenciada polos grandes escritores que marcaron a sua infancia, destacando por enriba de todo a fantasía de Bécquer.