Portugalidade/Afastamento retrata e homenaxea á poboación transmontana, que viu marchar aos seus fillos, na procura de melloras, a países veciños e afastados. Para saciar nostalxias ou recrear memorias, utiliza coma soportes materiais tradicionais (panos de la ou liño); e a actividade pastoril e a agricultura manual coma temática.
A mostra estará na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín dende o día 2 maio, mércores, ata o día 31 (luns a venres, 10 a 13:30 e 16 a 20:30 h; sábado, 11:30 a 13:30 h).