Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?, contacontos e manualidades.

13/04/2018 to 13/04/2018 18:00 - 19:30

hay-algo-mas-aburrido-ser-princesa-rosaO vindeiro venres 13 de abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: «Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?», baseada na obra homónima de Raquel Díaz Reguera.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades en forma de mural e tamén con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 9 de abril.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.