O vindeiro xoves 28 de setembro ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en marcha o programa “Estacións en contos” coa presenza de Celtia Figueiras quen levará a cabo a actividade mediante catro contacontos distribuídos ao longo do ano con estéticas e dinámicas diferentes dependendo da estación. A actividade coa que se dará comezo será “Contos na Primavera”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal