Dende o 7 ao 11 de agosto, teremos a exposición fotográfica «Toro, lembranzas dunha aldea», de Beni Rodríguez, título homónimo ao libro que a propia autora, vai presentar e facer a clausura da exposición o día 11 de agosto ás 20:00h na propia Biblioteca.
A exposición recolle un traballo de recopilación fotográfica, que fixo Beni Rodríguez e que máis tarde materializouse no libro que leva o mesmo nome. A propia autora reflexa o agradecemento: <<a toda a xente que me axudou neste traballo, que me contou historias da súa vida, que compartiu conmigo as súas vivencias, que me prestou fotos para poder achegarme a esos tempos pasados. Foron moitos os que me deron datos, os que me falaron dos seus recordos. Por eso este libro é de todos e para todos>>.
A exposición estará aberta ao público no mesmo horario que a biblioteca municipal, de Luns a Venres de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas.