O vindeiro 11 de agosto, ás 20:00h., teremos a presentación do libro «Toro, lembranzas dunha aldea», de Beni Rodríguez Requejo, así mesmo procederemos á clausura da exposición fotográfica da propia autora sobre adicada ao seu pobo e as súas lembranzas.
Beni Rodríguez Requejo: (Ourense 11 de Xaneiro de 1966) é diplomada en enfermería pola Universidade de Extremadura no ano 1987. Traballou en distintos hospitais, no Comarcal do Barco de Valdeorras, no da Cruz Vermella e no hospital da Paz en Madrid. Sendo no complexo Universitario de Ourense onde desenrolou a maior parte da súa actividade profesional. Desempeñou postos de Supervisora de área (1996 – 2004) e de Subdirectora de Enfermería (2005 – 2008), Profesora na Universidade de Vigo, Escola Universitaria de Enfermería de Ourense ( 2009-2013).
Sempre moi ligada a súa terra, é una namorada da súa aldea. Recolleu o sentir do seu pobo, de boca dos seus conciudadanos, información oral que provén na súa maior parte dos habitantes do mesmo.
Previamente a este traballo xa conseguiu reunir una colección de fotos facendo unha exposición no ano 2010 que compartiu cos seus veciños.