Presentación da obra conxunta “Contos e lendas do Val de Monterrei”.

15/06/2017 to 15/06/2017 20:00 - 21:00

contos-lendas-val-monterreiO vindeiro xoves 15 de xuño, ás 20:00 horas, a Biblioteca de Verín acolle a presentación da obra “Contos e lendas do Val de Monterrei”. Trátase dunha obra conxunta, coordinada polo escritor verinés Xosé Carlos Caneiro hai vinte anos, que recompila contos de tradición oral de diversas temáticas (meigas, demos aparicións, mouros, tesouros, oficios, animais, cregos, etc…). Devandita obra foi ilustrada por autores de Verín e comarca, que prestaron de xeito desinteresado a súa creatividade para acompañar os textos.

Cabe destacar que Xosé Carlos Caneiro e o resto de participantes na recompilación dos contos e lendas, así coma todos os ilustradores e ilustradoras, cederon os dereitos para a edición desta obra por parte do Concello de Verín,  reixentando calquera tipo de ingreso derivado da venda deste libro, que se poñerá á venda nun breve período de tempo.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.