Unha proposta orixinal na que unha vez máis xuntamos a música e os monicreques para dar a coñecer a obra do autor homenaxeado este ano nas letras galegas: Carlos Casares…
Esta actividade realizarase o vindeiro mércores 21 ás 18h. na biblioteca do Concello de Verín e a mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal