«Estacións en contos» con Celtia Figueiras

07/04/2017 to 07/04/2017 18:00h - 21:00h

bosquefantc381sticoO vindeiro venres 7 de Abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en marcha o programa «Estacións en contos» coa presenza de Celtia Figueiras quen levará a cabo a actividade mediante catro contacontos distribuídos ao longo do ano con estéticas e dinámicas diferentes dependendo da estación. A actividade coa que se dará comezo será «Contos na Primavera», no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.