O proxecto de Voluntariado na Biblioteca Municipal de Verín, cumplirá no vindeiro 2017, nove anos.
Deste xeito quixemos agracederlle aos nosos nenos e nenas Voluntarios a súa entrega, compromiso e ilusión, tendo un acto o Día Internacional do Voluntariado, no que contaremos, coma moderador do mesmo, a un vello amigo desta Biblioteca coma é D. Francisco López Barxas, exdirector xeral do Libro da Xunta de Galicia, xornalista e escritor.
Ademais a Biblioteca Municipal de Verín foi galardonada por este proxecto co ALTO PATROCINIO DO PARLAMENTO EUROPEO, e o mismísimo Martin Schulz, rubricou a concesión do mesmo a maiores de enviar a nosa Biblioteca unha misiva moi agarimosa na que remarca a alegría de premiar un proxecto de Voluntariado de rapaces, combinado co eido cultural e onde arenga a nosa institución a seguir na senda do Fomento da Lectura entre as novas xeracións, en post unha sociedade informada e cultivada intelectualmente.
O acto terá lugar na Biblioteca do Concello de Verín ás 20:00h.