O vindeiro Luns 8 de agosto ás 19:30h., teremos a presentación do libro «Proyecto Madre» de Lourdes Hervella. Esta nova escritora verinesa, afincada en Cataluña, presentanos unha novela con tintes apocalípticos. Na súa forma de escribir podemos atopar referentes como Rosalía de Castro ou Bécquer e unha certa morriña pola terra.
Resumo: Barcelona, esa gran cidade cosmopolita xa non era o que fora tempo atrás. Unha nova e invasiva raza conseguiu reducir ós supervivintes humanos a un pequeno grupo que trata de atopar un lugar seguro onde voltar á sua vida normal. A sua esperanza reside en María, a dirixente de un grupo de supervivintes galego con base en Santiago de Compostela. A pregunta é ¿conseguirán cruzar todo o país e unir as suas forzas?