Presentación da reedición da «Guía de Monterrey” de D. Jesús Taboada Chivite
29/06/2016
to
29/06/2016
19:30 - 20:30
A asociación cultural «Monterrei, cultura e territorio», reeditou a que é considerada a mellor guía do Castelo de Monterrei, que editara por vez primeira D. Xesús Taboada Chivite no ano 1968, e tivo reedicións sucesivas, chegando ata a 5ª edición, estando xa falecido o autor.
Tal e coma expresan os membros da asociación e a xuízo de todos os investigadores e etnógrafos, esta guía é un manual perfecto para entender a nosa fortaleza, que sigue plenamente vixente na actualidade, e que axuda a propios e foráneos a comprender o noso pasado.
Esta nova edición porase á venda en todas as librerías de Verín, así coma distintos puntos de referencia turística de Verín e comarca, cun prezo de 5 Euros.
A presentación realizarase o vindeiro mércores 29, ás 19:30 horas na Biblioteca do Concello de Verín, e nel participará a presidenta da asociación, Dña. Nieves Amado Rolán, o coordinador da edición, D. Fernando Serrulla Rech, e algún membro da familia Taboada Chivite.