Visita do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA

04/04/2016 to 05/04/2016 11:00 - 12:00

2Cincuenta alumnos/as do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA visitan a Biblioteca de Verín Nas xornadas do luns 4 e martes 5, cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA visitaran a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñeceran o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.