Día internacional do Libro Infantil, contacontos e manualidades

01/04/2016 to 01/04/2016 18:00 - 19:30
CONTACONTOS-E-MANUALIDADES

imaxe de Carlos Montero

O vindeiro venres 1 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Realizaranse contacontos e manualidades, neste caso en concreto unha fermosa flor en goma eva.
Esta actividade estará destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. O prazo de inscrición abrirase o luns 28 de marzo.

A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 10 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.