O vindeiro venres, 18 de marzo, teremos unha sesión de contacontos e manualidades para 20 socios/as de 3 a 9 anos, de 18 a 19:30 horas, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
O prazo de inscrición comezará o luns 14, a partir das 10:00h, ben na propia biblioteca, por teléfono 988.41.26.34, ou por mail: biblioteca@verin.net.