Irmandades da fala, conferencia do profesor Segade
17/03/2016
to
17/03/2016
19:30 - 20:30
Cumplíndose o centenario desta organización nacionalista galega (1916-1931), que levou a cabo actividades políticas e culturais en Galicia, o profesor Segade, impartirá unha conferencia sobre esta organización.

Profesor Dr. Segade (imaxe de http://www.aelg.gal)
Xosé Antonio Gómez Segade (Monterrei 20/08/1943):
- Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en ambos casos con Premio Extraordinario.
- Profesor Agregado en San Sebastián (1974), e posteriormente Catedrático de Dereito Mercantil en Valencia (1976) e dende 1981 en Santiago de Compostela. De 1994 a 2004 Adjunct Professor no Master de PI no Franklin Pierce Law Center en Concord, N. H. USA.
- Ampliou estudos no Instituto Max Planck de Propiedade Industrial en Munich (Alemania), e dende 1976 despregou unha intensa actividade académica e de investigación, en particular en España, Portugal, Alemania e os EUA. Resultado dese traballo foron, entre outros motivos, varios libros, máis de 130 artigos en revistas extranxeiras e nacionais, quince teses de doutoramento, participacións en cursos ou congresos, ou a codirección de ADI dende finais dos 80 ata 2010.
- Cargos académicos e de responsabilidade en España e no estranxeiro, por exemplo, Decano da Facultade de Dereito de Santiago, Vicerreitor das Universidades de Valencia e Santiago de Compostela, ou Membro do Conselho Científico da Escola de Direito da Universidade do Minho en Braga (Portugal).
- Pola súa especial vinculación co ámbito de traballo do IDIUS cabe lembrar que foi Director do IDIUS (1998-2006), Membro do Consello Asesor de Investigación da Oficina Europea de Patentes-OEP (1988-2008), ou Membro do Comité Científico de denominacións de orixe da UE (2000-2008). Actualmente, dende 2009, é Membro da Academia Europea de Patentes da OEP, do Comité Executivo da International Association for Teaching and Research in Intellectual Property (ATRIP), e Vicepresidente do Xurado da Publicidade en Madrid.
- Árbitro en diversos asuntos con implicacións de Propiedade Industrial desenvolvidos na Cámara de Comercio Internacional en París.
- Diversos premios e distincións no campo académico e científico, entre os que cabe salientar, o Premio Galicia de Investigación «Montero Ríos» concedido polo Goberno Autónomo Galego en 2002 pola súa traxectoria como profesor e investigador senior.
(información obtida integramente da web da Universidade de Santiago de Compostela: http://www.usc.es/gl/institutos/idius/gomezsegade.html)
(nota: a data da conferencia pode variar de data)