O vindeiro martes 26 de xaneiro a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a conferencia “O Entroido e a figura do Cigarrón”, a cargo dos etnógrafos D. José Rodríguez Cruz e D. Miguel Losada.
Hora: 19:30
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín
Curriculum ponentes:
D. José Rodríguez Cruz:
O etnógrafo José Rodríguez Cruz naceu na veciña comarca de Conso-Frieiras, en A Gudiña. Autor de varios libros como: “Terras das Frieiras”, que fai un percorrido pola historia e a cultura da zona limítrofe de Ourense con Portugal e Zamora, “Así falan na Gudiña” ou “Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca” (xunto co Padre Fontes no que se recolle boa parte dunha cultura ligada a mitos, crenzas ou celebracións relixiosas conservadas desde tempos inmemoriables polos habitantes do sur de Galicia e a rexión portuguesa de Tras-Os-Montes. Este escritor tamén conseguiu o XVI Premio de Investigación Antón Fraguas, polo seu traballo Indumentaria e fala (escolma de fraxeoloxía relacionada).
D. Miguel Losada: