O vindeiro 20 de xaneiro contaremos coa visita dos/as alumnos/as do IES García Barbón do ciclo superior de administración. Durante a mesma, coñecerán o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.
Esta visita forma parte do plan de acercamento da instalación municipal aos/as escolares, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos dez anos, e en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza e CEIP Princesa de España.