Presentación da obra «Amigo miedo», de Javier López Rodríguez

29/10/2015 to 29/10/2015 19:30 - 20:30

cartel-amigo-medo“AMIGO MEDO” é a novela das escusas. Tamén das ganas de falar que pasan os vellos, e dos segredos que acompañan e tinguen a vida.

O paso dun xeneral republicano por Zamora, coa intención de chegar a Portugal en xullo do 36, sírvelle ó escritor Xavier López como escusa para cederlle a palabra a un vello, que tamén utiliza o seu testemuño como escusa para revelar un segredo de cinco estrelas e repasar en alto a lección da vida. O protagonista da narración é un personaxe que goza do especial atractivo da experiencia dos avós, e desa sinxeleza e debilidade que converten a un home en humano. Por Mercedes González

 

“¿Pode un home pasar a maior parte da súa vida amordazado polo medo? Non debe, pero pode, claro que pode. Seino por propia experiencia”, comeza a Cara A da primeira das cintas que o vello utiliza para contarlle a un investigador unha anécdota de adolescencia que o marcaría para sempre. O destino ofrecéralle, para ben ou para mal, o papel de guía do xeneral Caminero, cando este pasou pola súa aldea coa intención de dirixirse a Portugal. Caminero era un xeneral republicano, e eran tempos vestidos de medo e dominados polo instinto de supervivencia. Esa fora a razón pola que o protagonista fixera pública unha obstinada mentira que o facía parecer un heroe entre os mozos do lugar e un mentireiro ante si mesmo.

Escenas de morte, amizade, amor e culpa intercálanse e dominan este relato inicialmente histórico. A morte accidental do seu irmán piquiño, un amor nunca correspondido, unha amizade verdadeira, o amor pola familia. Como a mesma VIDA. O vello ve próximo o seu final e adoece por falar, igual que o seu segredo adoece por saír á luz. “(…) Pero así teremos oportunidade de írmonos acostumando ó frío que nos agarda na cova”, conclúe a derradeira cinta.

—————————

LOPEZ, XAVIER: «Amigo medo», Vigo: A Nosa Terra, 2002

LOPEZ, XAVIER: «Amigo miedo, Ediciones de La Discreta, 2015

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.