O antropólogo D. Manuel Mandianes, achegaranos a realidade da emigración coma o que é unha traxedia persoal, familiar, social e económica.
Manuel Mandianes: É doutor en Etnografía e Antropoloxía, en Ciencias Sociais e Socioloxía, e en Teoloxía. Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (1996-1999). Realizou traballos de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Publicou diversos capítulos en obras colectivas e artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Foi colaborador do programa da TVG Luar, Columnista del diario El Mundo.