Presentación da obra «Uso simbólico do cuarzo na cultura galega”
07/08/2015
to
07/08/2015
19:30 - 20:30

«Uso simbólico do cuarzo na cultura galega” de Rafael Quintía.
O antropólogo Rafael Quintía achéganos ao mundo simbólico do uso do seixo en Galicia. Un percorrido diacrónico dende as diferentes formas nas que aparece o seixo no rexistro arqueolóxico galego, centrándonos sobre todo no seu aspecto simbólico e no seu posible uso ritual, ata o mundo da antropoloxía e das aplicacións deste mineral en diferentes contextos da cultura popular galega. Na presente monografía o autor propón hipóteses esclarecedoras coas que poidamos avanzar na senda da interpretación do uso do cuarzo dende épocas antigas e en contextos rituais e simbólicos cronoloxicamente distantes.
DATOS TÉCNICOS:
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: branco e negro
Tamaño: 21×15
174 páxinas
I.S.S.N. 2341-0353