«Entre rúas e contos» é un itinerario cultural no que se le camiñando. Unha actividade para descubrir recunchos das nosas vilas e gozar con fermosos contos. Pero tamén un xogo no que un gran dado decidirá que conto imos escoitar….
Actividade que se inicia e remata na Biblioteca Muncipal, pero que visitará distintos recunchos da nosa vila.
Inicio ás 18:00 horas e remate ás 19:30h., para socios/as de 3 a 9 anos.
Inscrición obrigatoria a partir do LUNS 14, e ter asinado e entregado na Biblioteca a autorización para que participe o/a socio/a.
Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.
Colabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).