“BRINCA VAI! de aquí a acolá” é unha actividade para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades. Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…
Actividade nas Piscinas Municipais (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.
Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.
Colabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).