Cincuenta alumnos/as do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA visitan a Biblioteca de Verín
Nas xornadas do martes 14 e mércores 15, cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA visitaran a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación.
Durante a mesma, estes menores coñeceran o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.