O vindeiro venres 24 de Xaneiro, teremos unha sesión de contacontos e manualidades xunto coas socias e socios máis pequenos (de 3 a 9 anos). Esta será unha actividade na que nos mergullaremos nunha obra infantil de Gemma Merino, «Un parruliño sen sorte», galardoada co prestixioso Oscar’s Book Prize. A través desta historia entrañable, exploraremos diferentes valores e, para completar a experiencia, realizaremos unha manualidade na cal empregaremos diversos materiais e deixaremos voar á imaxinación!
Inscrición obrigatoria a partir do luns 20 ás 10h.