O vindeiro venres 10 de MARZO, de 18h a 19:30h, dentro do conxunto de iniciativas dirixidas ao fomento á lectura, teremos a actividade de contacontos e manualidades que leva por título «Un barco cheo de contos», onde percorreremos mares cheos piratas fomentando a igualdade e avós que viaxan polo mundo xunto dos seus netos e netas grazas á maxia libros.
A presente actividade está dirixida aos socios e socias máis cativos/as (de 3 a 9 anos) sendo obrigatoria a súa inscrición a partir do luns 6 de marzo ás 10h e estando coordinada a mesma polos rapaces/zas voluntarios e voluntarias da Biblioteca e o persoal da mesma.