Actividade dirixida a 20 socios/as para que veñan xunto aos seus avós, na que realizaremos manualidades e contacontos, de 18 a 19:30h.
Inscrición obrigatoria a partir do luns 2 de outubro.
Actividade realizada conxuntamente pola Biblioteca do Concello e o servizos sociais municipais, e na que participarán coma non pode ser doutro xeito os/as nenos/as Voluntarios/as da Biblioteca.
Esta actividade lévase realizando na Biblioteca do Concello de Verín dende hai xa cinco anos cun resultado fenomenal, polo que ano a ano sempre estamos desexando voltar a xuntar aos nenos e os seus avos nas nosas instalacións.