No presente mes de outubro, acompañando ao ciclo adicado á persoa D. Eloy Luis André, teremos na Biblioteca Pública Municipal a mostra «Silencio, soidade, carácter», título homónimo do artigo publicado en 1907 na revista Sagitario, que pretende facer un percorrido polos momentos máis intensos na vida de D. Eloy e a súa obra.
A mostra, situada no primeiro andar da Biblioteca de Verín, pódese visitar de xeito libre e gratuito no seguinte horario:
De luns a venres: de 10:00h a 13:30h. e de 16:00h a 20:30h; Sábado de 11:30 a 13:30h.