Romaría, contacontos con Raquel Queizás.

13/08/2017 to 13/08/2017 18:00 - 19:00

raquel-queizasA nosa veciña, amiga e magnífica contadora de contos, volta un ano máis as actividades da Biblio-Piscina, co seu novo espectáculo «Romaría», que recolle a narración oral, onde as nosas lendas tradicionais lles achegan o mundo rural e antigo ás rapazas e aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido.

Esta actividade terá lugar o vindeiro domingo 13 de Agosto na Biblio-Piscina, de 18:00h a 19:00h, e está dirixido a nenos e nenas: a partir de 3 anos.

Actividade dentro do programa Ler Conta Moito. Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

 lercontamoitoColabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.