O vindeiro venres 1 de febreiro, ás 19:30h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a presentación do libro “La lingua delle cantigas: Grammatica del galego-portoghese”, escrita polo filólogo sueco afincado en Italia, Pär Larson. Constitúe a primeira descrición sistemática da lingua usada polos trobadores da Península Ibérica –desde Galicia e Portugal ata o reino de Aragón–, entre finais do século XII e mediados do XIV, para compor tanto poesía lírica sacra (as Cantigas de Santa María de Afonso X) como profana (cantigas de amor, de amigo e de escarnio e mal dizer).
A presente obra viu a luz en Italia, o 11 de outubro de 2018, grazas a editorial Carocci de Roma, un libro pensado e concibido como un manual para a Universidade, pero que, en verdade, é un manual que reviste un grande interese para todos aqueles que miran a a Galicia, que se ocupan ou aman a súa historia e a súa literatura, segundo explica Henrique Monteagudo na Axenda cultural da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galegahttps://axendacultural.aelg.gal/tag/henrique-monteagudo/
O libro vai ser publicado en galego nos vindeiros meses pola Editorial Galaxia.
Na presentación que terá lugar na propia Biblioteca do Concello de Verín, o autor sueco estará acompañado polo tamén filólogo Henrique Monteagudo.
Data: 1 de Febreiro.
Hora: de 19:30h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín