Actividade para socios/as de 3 a 9 anos, acompañados, previa inscrición na Biblioteca a partir do luns 14. Os/as asistentes poderán mercar o libro CD, así como levalo adicado pola autora.
O vindeiro venres 18 de decembro, a compositora e pedagoga Susa Herrera, visitará a nosa Biblioteca para presentar o seu último traballo, titulado «En Cabárceno se sigue cantando”. Seguindo fiel ao seu formato, nesta nova entrega consta dun libro que inclúe os textos e as partituras de dez cancións adicadas a outros tantos animais do Parque Natural de Cabárceno, contendo un CD coas cancións e un DVD no que aparece o concerto en directo polo cuarteto «As comadres» na Biblioteca Pública de Zamora, así coma as cancións interpretadas polos nenos e nenas en aulas de Galicia, Asturias e Castela e León. Tamén inclúe algunha outra sorpresa para poder disfrutar en familia. Outra novidade importante respecto aos traballos anteriores é que o libro tamén ten os textos das cancións en galego, catalán e euskera.