O vindeiro venres 7 de outubro, ás 19:30h. no salón de actos do Concello de Verín, teremos a presentación do libro «Unidos por amor», Letrame Editorial 2022, novela de Fran Silva Prieto.
Sinopse: Unidos por amor é unha novela que conta a historia de dous personaxes cunha sorte diferente. Dous amigos, un debido aos moitos errores humanos, non acadou a gloria. Sí o fixo o segundo, que o conseguiu todo.
Francisco Silva Prieto, Monteveloso – Ourense 1954: Non teño estudos universitarios, son moi polifacético e a escrita catívame. A miña universidade foi a vida do día a día ao nacer nunha aldea.