Tocábanos crecer eríxese sobre unha sorte de relatos curtos, os cales afondan nos matices humanos dende a mirada comprometida dunha literatura tan literal coma persoal. No trasfondo dos diversos textos pode adiviñarse a trama dunha case novela cuxo tema recurrente sería sempre o amor, en tódalas súas formas.
Manuel López Cid nado en Verín a principios de 1995 e estudante de Psicoloxía a tempo -case- completo, vén a presentar as páxinas do que representa un soño feito realidade: a publicación do seu primeiro libro.