Presentación do libro «A árbore do pan», obra de Edelmiro Mateo

07/11/2023 to 07/11/2023 20:00 - 21:00

O vindeiro 7 de novembro ás 20:00h. teremos a presentación do último libro de Edelmiro Mateo “A árbore do pan”, ilustracións de Olimpia Seoane.

Senopse: “A árbore do pan” é como lle chamaban no antano ó castiñeiro, pola súa condición de fonte alimenticia da sociedade anterior á chegada da pataca, é unha historia fabulada, da man da vida da castaña e do seu pai o castiñeiro.
A natureza é unha fonte de sabedoría, soamente temos que saber ler o que ela nos indica. E o mundo que rodea ó souto é unha sociedade organizada cun fin común, chegar a ser felices.
Este texto, de Edelmiro Mateo, está ilustrado, con láminas en acrílico, pintadas e deseñadas por Olimpia Seoane, unha pintora autodidacta que coa súa colaboración converteu o relato nun libro-arte.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.