O escritor vigués David Pintos, preséntanos a trioloxía «Taimat», novela de corte de ficción, editada por Círculo rojo, que xa está na segunda edición.
David Pintos: nado en Vigo en 1973, residiu en Pontevedra, Barcelona e actualmente en Madrid onde é presentador do programa radiofónico art rock Subterránea, articulista e responsable comercial da revista Subterránea Art Rock Magazine, bloguero, crítico musical en diferentes medios e vinculado ao mundo do audio a nivel profesional dende o 1995.