O vindeiro venres 16 de maio ás 18:00h, para celebrar as Letras Galegas, teremos un divertido espectáculo de narración e monicreque a cargo de Galitoon Teatro, dirixido aos/as socios/as de 3 a 9 anos previa inscrición a partir das 10h. do luns 12 de maio.
Sinopse: Un espectáculo para homenaxear a todos os avós e avoas que nos contaban os contos. Deste xeito o avó D. Carmelo comezará a contar os contos sempre co seu inseparable canciño Rús.
A presente actividade está dentro do programa LER CONTA MOITO da Consellería de cultura, lingua e xuventude da Xunta de Galicia.