«O pingüino que quería vivir na Biblioteca», contacontos e manualidades.

11/01/2018 to 11/01/2018 18:00 - 19:30

MANUALIDADES 12-01 PINGÜINOO vindeiro venres 12 de xaneiro ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: «Pingüino que quería vivir na Biblioteca»”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidade, con materiais reciclados e cartulina e goma eva. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 8 de xaneiro.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

Inscrición obrigatoria.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.